ASOCIACIÓN CULTURAL MINHO REGGAE


Información xeral:

Minho Reggae somos un colectivo socio cultural que apoia e fomenta a música, a arte e un estilo de vida consciente e respectuoso co entorno.

Centramos boa parte da nosa acción en promover e difundir a música reggae a través de distintas actividades ao longo do ano, principalmente a organización do Festival Minho Reggae Splash.

O obxectivo da asociación cultural Minho Reggae é a expansión e difusión de diferentes manifestacións artísticas, en especial a música, para que se converta nun instrumento de desenvolvemento dos pobos, cooperación e solidariedade.

A asociación cultural Minho Reggae encárgase da programación e produción artística e técnica do Festival Minho Reggae Splash, así como a potenciación e desenvolvemento de fórmulas de cooperación cos cidadáns, institucións públicas e privadas.

Contacta con nós no correo:
organizacion@minhoreggae.com
SOCI@S ASOCIACIÓN CULTURAL MINHO REGGAE


Os socios son un dos piares deste colectivo e por iso teñen a posibilidade de participar no desenvolvemento e consolidación da asociación converténdose en SOCI@ ANUAL mediante unha aportacion minima de dez euros, que debe ser renovada cada ano.

Vantaxes:

- Certificado da tua achega, desgravable na túa declaración da renda, segundo a normativa vixente.

- Descontos nas actividades que organiza a asociación ao longo do ano, entre elas o Festival Minho Reggae Splash.

- Beneficiarse das promocións e actividades que desenvolvan as institucións e patrocinadores do Festival, que se irán comunicando.

- Participar nas tarefas de organización de eventos e do Festival, a través dos seus grupos de traballo e voluntariado.

- Información exclusiva e personalizada no teu enderezo electrónico de todas as actividades e noticias sobre o colectivo.
FAITE SOCIO E COLABORA
DESCÁRGATE AQUÍ A FOLLA DE INSCRIPCIÓN DE SOCIO