Cargando roster
agarde uns intres ...

 
ABERTA CONTRATACIÓN
management@minhoreggae.com
+34 671 393 606
THE PRODUCERS
UK - ESPAÑA / Roots Reggae

Unha banda formada por recoñecidos artistas e productores de reggae de UK e España, defendendo o orixinal roots rock reggae e dub.

The Producers son Roberto Sánchez, Prince Jamo, Don Fe, Dubby Ambassah, Genis Trani e Roberto 'Jah Riddim9 Bartolomé.

ALPHEUS
LONDRES / Classic Ska e Rocksteady con backing band

Naceu en Londres pero Xamaica, a súa cultura e a súa música, foron elementos omnipresente ao longo da súa vida grazas aos seus pais, que emigraron ao Reino Unido dende o país Caribeño. Cando aínda era un mozo, Alpheus, sentiu a paixón pola música despois de ver a Sam Cooke na televisión e en sound systems locais.

O seu primeiro disco gravouno con Clemente Dodd, no selo Studio One (USA), interpretando algúns dos ritmos clásicos do estudo. Alí naceu "Quality Time" (1998), o seu álbum debut.

Despois de máis de dez anos, e co seu segundo disco publicado pola discográfica francés Special Delivery en xaneiro de 2011, Alpheus, únese ao selo A-Lone de Roberto Sánchez (Santander), onde produciu o seu terceiro traballo "From Creation".

Grazas a este último encontro e a súa gran carreira, Alpheus, conta cun dos mellores discos de rocksteady, ska e reggae dos últimos anos.

BENJAMMIN
UK-BARCELONA / Reggae, Ragga, Soul en formato sound system ou backing band

MC, saxofonista, frautista, Benjammin leva máis de vinte anos vinculado á música reggae sendo na actualidade unha das voces máis significativas deste estilo.

En 1994, Benjammin escolle Barcelona como lugar de residencia onde continuou colaborando e compartindo estudo e escenario con artistas de renome internacional como Horace Andy, Burning Spear, Heptones ou Max Romeo. Hoxe en día o seu nome pódese atopar en numerosos discos e compilacións.

ROBERTO SÁNCHEZ
SANTANDER / Roots Reggae con backing band

Produtor, cantante e multiinstrumentinsta, Roberto Sánchez conta con máis de vinte anos de experiencia no reggae que o proclaman como un dos grandes artistas deste xénero.

Reggae roots de máxima calidade, como vén amosando dende mediados da década dos noventa. Primeiro como Lone Watti, logo como Loud and Lone e dende 2003 baixo o nome de Lone Ark.

BLUESKANK
MADRID / Roots Reggae Blues en formato acústico ou con banda

Blueskank é unha formación de roots reggae enriquecida a base de blues, funk, soul, música africana e incluso rock progresivo.

Esa mestura de influencias e cores resulta natural en mans destes músicos que reinterpretan a linguaxe da música xamaicana converténdose así nunha das propostas máis ricas e orixinais do circuíto nacional.

CHAKRAS
OSLO NORUEGA / Roots Reggae e Classic Ska

Formada en 2011 polo batería e compositor, Chakras, é unha banda internacional con músicos de cinco nacionalidades diferentes (Brasil, Noruega, Chile, Suecia e Suiza). A banda remata de autoproducir o seu primeiro EP, para o que gravaron o vídeo do single "Understand".

Chakras actuou en distintos lugares de Oslo, entre eles o Love Music Festival (2012) e, recentemente, a banda tivo a oportunidade de intervir para Frank Znort en Blå, unha das mellores noites de música en Noruega, na que o público eloxiou os sólidos ritmos e melodías, ademais da vibración positiva do grupo.

GREGTOWN
MADRID / Banda de New Roots Reggae

Formada por músicos da escena Reggae madrileña son posiblemente a banda con máis proxección da Península gracias, en parte, a súa mensaxe positiva e consciente integramente en castelán.

Foron gañadores do Spanish Reggae Contest Rototom 2010 e contan con dous discos editados. Nos últimos anos actuaron en gran variedade de escenarios chegando a realizar un centenar de concertos por todo o país e compartindo escenario con artistas consolidados mundialmente como Julian Marley, Dub Incorporation, Israel Vibration o Capleton.

GOYMAMBA
MADRID / Banda de Roots Reggae

Esta formación destaca pola súa estupenda harmonía vocal a cargo das compoñentes femininas da banda, sempre na primeira liña de escenario, chamadas "Las Mambas".

A súa base musical é o Roots Reggae con arranxos de hip-hop, groove e guitarras roqueiras, que logran unha proposta completamente novidosa dentro do panorama do reggae nacional.

MENINOS CARENTES
VIGO / Roots Reggae, Funk en formato acústico ou Banda

Esta banda viguesa faranos viaxar de Brasil a Xamaica, con temas cantados en galego-portugués que beben dalgúns dos grupos máis importantes da música brasileira como : O Rappa, Ponto de Equilibrio, Gilberto Gil, Chico César, Natiruts o Tin Maia.

Levan máis de catro anos riba dos escenarios presentando a súa música reivindicativa, que nos fala dos problemas sociais, da corrupción, a pobreza e as inxustizas das favelas de Río de Xaneiro pero que se poderían trasladar a calquera punto da xeografía. Temas que nos fan bailar pero tamén reflexionar.

NATURAL GREEN
FERROL / Banda de New Roots Reggae

Coñecéronse no Conservatorio de Música e alí decidiron crear unha banda ao máis puro estilo reggae. Foron os gañadores en 2011 do Reggae Contest Galego. A banda representou a Galicia durante dous anos e foron convidados a tocar no Festival Europeo Rototom SunSplash.

Nos seus concertos, Natural Green, achéganse ao público a través dunha mensaxe positiva e directa. Música influenciada por estilos como o hip-hop, o folk ou o rock.

RUTERA
BRASIL / Banda de Roots Reggae

Esta banda caracterízase pola orixinalidade das súas letras e a innovación na parte instrumental. Cancións cheas de contido que chegan ao público a través de melodías suaves e danzantes.

Rutera conta con dous álbums publicados que os fixeron xirar por varios lugares do mundo, dende Cabo Verde na África até Galicia, chegando a congregar ate dez mil asistentes nun mesmo concerto.

UKIEMANA
BRASIL / Banda de Roots Reggae

Ukiemana é unha banda de roots reggae de renome no Brasil. Nas súas músicas transmiten mensaxes de paz e esperanza a través de cancións cheas de contido con ritmos moi bailables.

O amor, a positividade e a espiritualidade son a base dos seus temas a través de melodías que nos levan á raíz do reggae xamaicano.

URBANVIBSZ
PORTUGAL / Banda de New Roots Reggae

Urbanvibsz rematan de editar o seu segundo EP. Comezan en 2009 con sonoridades inspiradas no reggae roots que mesturan co dub, ska, afro-beat, hip hop.

Urbanvibsz é o proxecto revelación do reggae portugués. En directo a banda irradia a vibración da música, transmitindo unha mensaxe consciente e positiva.

VEJA LUZ
BRASIL / Banda de Reggae

Con influencias do reggae, dos ritmos africanos e a música brasileira a banda converterse nun referente no estilo pola súa orixinalidade.

En directo, a unión da experiencia musical coa enerxía do pública crea un espectáculo cheo de forza e enerxía onde a conexión e participación do público, que sempre actúa como protagonista do espectáculo, está garantida.

ZAMARAMANDI
VIGO / Banda de Roots Reggae Jazz en formato acústico ou banda

Dende o ano 2007, cando se formou a banda, até hoxe en día acadaron unha gran experiencia sobre o escenario tanto co seu propio proxecto como como banda de acompañamento para distintos cantantes da escena reggae nacional. No 2012 foron seleccionados como unha dos tres grupos revelación da Península Ibérica o que os levou a participar na final do Iberian Reggae Contest.

A cadencia rítmica e a unión do Reggae dos anos setenta coas harmonía modernas do jazz son a virtude da banda, coa que conseguen hipnotizar ao público nos seus concertos.

BUGUINHA DUB
BRASIL / Sound System Reggae, Dub, Brazilian Grooves

Buguinha Dub é produtor musical e técnico de son. Inspirado nos Sound System xamaicanos, Buguinha Dub mestura ao vivo en versión dub con reverb e delay analóxicos. As cancións son de autoría propia ou de bandas brasileiras que el produciu con beats e grooves mundiais (reggae, dancehall, afro beat, ska...)

O seu show é enérxico e repleto dunha enerxía de amor, paz e moita alegría.
Jahmarraparai!! Celebrai !!

SUTTA ENKI DUB
LYON - GALICIA / Dub Sound System
Ali Gator do Sutta comeza a súa carreira musical co grupo Botamin en Lyon (Francia) en 1994. Na tradición do rock alternativo dos noventas en Francia, o camiño de Botamin fíxose entre escenas e aventuras locais, despois de máis de cincuenta concertos a banda sepárase e nace "O Sutta Syndicat". Transfórmase o estilo e sométese ás influencias do Electro Dub. Unha fusión entre rock, hardcore e ritmos xamaicanos, entre electrónica e groove. Este grupo lanza unha primeira produción propia o LP "Outro Mundo" en 2003.

Ali Gator comeza entón a producir temas de electroacústica. Jungle, Dub, Hip Hop Core son os seus estilos preferidos e despois da xira do Sutta Syndicat por Francia, do grupo xorde un trío : "O Sutta". Delirio alternativo máis escuro, O Sutta brilla nalgúns grandes festivais da provincia e a nivel nacional pero o proxecto vese na obriga de suspenderse.

Dende 2007 Ali Gator viaxa por España, establécese en Galicia, e engade unha nova corda ao seu arco, despois de músico, cantante e compositor, convértese en DJ. O novo proxecto Sutta Enki Dub é o resultado de todos as iniciativas previas, baseándose nos ritmos xamaicanos para fusionar co jungle e o Dub French konektion.